“Imos ser a chave da derrota de Frijol: somos o voto máis útil”.
crónica do mitin do 28S
O venres 28 de setembro un cento de persoas arrouparon a
Beiras e a candidatos e candidatas da provincia da coalición Alternativa Galega
de Esquerda no primeiro mitin desta formación no sur lucense.
Comezou Ildefonso Piñeiro Díaz (Anova), de Chantada, número
6 da lista, cunha reflexión sobre a política que, para Piñeiro, é “o poder democrático (co) que dende unha ou outra óptica, (se)
fan políticas a prol dos cidadáns”. Sen embargo – sinalou – a mala política lévamos
a “unha perda continua en dereitos sanitarios, no ensino, na cultura, no idioma.
Agresións aos dereitos laborais de milleiros
de traballadores e traballadoras mentres se fan políticas que favorecen
aos poderosos. Políticas para salvar aos banqueiros, a eses mesmos banqueiros que reclaman recortar o sistema de pensións e
para si se autooutorgan xubilacións millonarias e, o que é moito peor, utilizan
os cartos que lles demos para especular contra a débeda que causaron e
impoñernos unha autentica ditadura do poder financeiro, deixando ao poder
democrático limitado a administrar a miseria que eles crean.” Fronte a
isto – dixo – xuntámonos para “levar ao Parlamento Galego a rebelión cívica da
cidadanía esmagada polas políticas do Estado e da Xunta”, porque “hai que
paralos”, e para iso non abonda sequera unha persoa coma Xosé Manuel Beiras: “todas
e todos somos necesarios”.
Parte do público. |
A seguir, Paula Vázquez Verao (Anova), número 4 por Lugo, de
Sober, sinalou os ataques do PP á xente máis moza (recurtando prazas de
investigación, reducindo as becas, cunha reforma laboral que condena á mocidade
a encadear contratos precarios en prácticas…), que obrigan de novo á mocidade galega
a emigrar. Sinalou Paula que “estas non son unhas eleccións normais”, porque
estamos asistindo á “podremia do réxime da Transición”, que precisamente se
consolidara hai trinta anos (“cando moita xente moza que apoiamos esta
alternativa aínda non nacéramos”), “limitando as aspiracións das nacións do
Estado a gobernármonos a nós mesmas, iniciando unha política de privatizacións
e mantendo unha economía herdada basada na construción e o turismo de masa, ao
tempo que se consolidaba a nivel mundial a primacía das finanzas sobre a economía
real”, entrando na UE cunhas condicións perxudiciais para Galiza e os nosos
sectores produtivos (“e das consecuencias no sector lácteo sabedes moi ben en
Chantada”), abríndose tamén hai trinta anos o periodo da Autonomía, sen que se
desenvolvesen sequera os mínimos marcos que permitisen unha vida mellor para a
nosa xente. As decisións políticas que se tomaron hai trinta anos – dixo – son
as responsables da situación que temos hoxe, con niveis de pobreza como hai
trinta anos. Por iso – sinalou – cómpre que as xentes de abaixo nos impliquemos
con esta alternativa para rachar con este inxusto sistema: “a coalición
Alternativa Galega de Esquerda só somos o instrumento que poñemos en mans da
cidadanía”.
Alfonso Piñeiro e Paula Verao. |
María Casar (Anova), número 2 da lista, de Sarria, deixou
claro a aposta de Alternativa Galega de Esquerda pola nosa Cultura e polos
dereitos das mulleres, ambos asoballados por Feijóo. Cargou as tintas contra a
Lei de Familia, “que nos quere reducir ás mulleres ao eido exclusivo do fogar”
e sinalou que só co orzamento anual da Cidade da Cultura se podería financiar
todo o tecido cultural galego durante un ano.
María Casar. |
Ramón Vázquez Díaz (EU), número 1 da lista, de Lugo, deixou
clara a defensa das clases traballadoras e a loita contra a corrución política,
contra a usurpación da política por personaxes que só siguen ordes dos grandes
poderes financeiros. “O goberno Rajoy actúa como se fosen virreis dun
protectorado” – dixo –.
Ramón Vázquez. |
A intervención de Xosé Manuel Beiras, voceiro de Anova e
cabeza da coalición, podemos resumila nos chíos que o seu equipo de campaña
verqueu no twitter:
“Queren volver a convertir a lebregos e labregas en servos”
(referencia aos baixos prezos do leite). “As vilas coma Chantada, en territorio
rural, están a ser arruinadas”. “A situación do sector leiteiro é desesperada.
Hai unha politica de exterminio do campesiñado a nivel mundial”.
“O goberno de Frijol non moveu un dedo para salvar as caixas”.
“Os autenticos ladróns están instalados na gran banca e nas antigas caixas
galegas”.
“Hai que dar unha virada de 180º e priorizar os servizos básicos”
(referencia ao que vai facer AGE no Parlamento). “Prioridades irrenunciables:
Sanidade publica, Ensino... É un crime pechar escolas no rural”.
“Non hai maior recital de desgoberno que os catro anos de
Frijol”.
“Na Moncloa están os ventrílocuos dos ladróns da banca.
Estamos nun protectorado”. “Tómanse as decisións en instancias que ninguén
elixiu, chuchando os cartos dos nosos impostos”.
“Ten que haber unha rebelión cívica, ten que a xente volver
exercer a súa soberanía política”. “No Parlamento hai que fomentar a reactivación
dos movementos cívicos”.
“A cidadanía desencantada é a clave para derrotar a barbarie
do poder que está na Xunta”. “Estamos nunha situacion de gran agresión social:
"tododios" se sinte agredido”.
“Imos ser a chave da derrota de Frijol: somos o voto máis útil”.
“Nunca desertaremos da loita: aquí estou ao voso servizo”.
O acto rematou con berros de “Presidente, presidente!”. Beiras
sinalou: “Sempre estivemos coa xente, da que formamos parte, ese é o noso
compromiso”.
Tomando algo ao remate. |
A soberbia de Feijoo," ou nós ou o caos" que xa lle escoitara Beiras a De Gaulle en francés, concorda cao súa covardía a debater con Touriño e Quintana no 2009 na TVG.
ResponderEliminarEl fiscal pide expedientes en el Igape sobre las ayudas a un hotel de lujo
ResponderEliminarLa Xunta dio un crédito de 2,5 millones para reconstruir un pazo en Sober.
El País 08/10/12
La construcción del complejo, que fue inaugurado en octubre de 2010, resultó una tarea salpicada de problemas por los retrasos en los pagos, de casi un millón de euros, a los 20 proveedores locales que realizaron los trabajos para la constructora subcontratada, Pérez Zafra. Incluso causó una bronca en el
ResponderEliminarParlamento gallego a cuenta de las críticas del diputado socialista José Tomé, que puso de manifiesto la vinculación de la familia de Raquel Arias, actual delegada territorial de la Xunta en Lugo, con el pazo. Los padres de Arias eran los propietarios de las ruinas, que según recuerda Tomé compraron “por 18 millones de las antiguas pesetas” (108.000 euros) en los años 90 y vendieron “multiplicando su precio” al empresario madrileño que inició la recuperación en 2008. Para Tomé, los retrasos de la Xunta en abonar las ayudas crearon un cuello de botella que puso contra las cuerdas a muchos proveedores.
El País 08/10/12
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/10/05/galicia/1349462476_920419.html
ResponderEliminarhttp://praza.com/economia/2275/a-cig-acusa-a-feijoo-de-facer-funcionario-o-seu-persoal-directivo-cun-custe-anual-de-15-millons/
ResponderEliminarhttp://praza.com/economia/2256/outro-directivo-de-pemex-nega-que-existan-contratos-definitivos-para-construir-os-barcos-en-galicia/
ResponderEliminarParole, parole,parole, parole,parole,parole Feijoo.
Nada de floteles, so os antidisturbios dando paos no Ferrol.
ResponderEliminarPraza.com
As declaración de Morales Gil súmanse ás que hai uns días Praza publicou en exclusiva de Fluvio César Ruiz Alarcón, conselleiro profesional de Pemex, que dixo que "Pemex non está amarrado a ningún contrato cos estaleiros galegos" e que "dentro dalgúns meses, PEP sacará a súa licitación e un dos participantes será PMI en asociación cos estaleiros galegos". O propio Juan José Suárez Coppel, director xeral de Pemex, deixou claro que a empresa non tiña ningún contrato definitivo cos estaleiros galegos e que o único que se falara coa Xunta "ao igual que con estaleiros coreanos, é que condicións se lle poden ofrecer a Pemex".
Pemex tamén contradiciu nos últimos días a Núñez Feijoo na cuestión dos remolcadores. Un dos seus directivos envioulle unha carta a un dos armadores preocupados polo acordo negando que os remolcadores pactados no memorándum de colaboración entre a petroleira e a Xunta se vaian construír en Galicia.
El plural.com 08710712
ResponderEliminarLa Xunta 'mimó' al grupo Eulen con adjudicaciones por más de un millón de euros, en ocasiones sin concurso público
Galicia vuelve a ‘removerse’ por los contratos que Feijóo dio a las empresas de su hermana
C.G. |La prensa gallega vuelve hoy a destacar la adjudicación de la Xunta de 1.416.011,70 de euros de euros a empresas en las que figura como apoderada la hermana del presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo. Se trata de once contratos que habrían sido cerrados antes de la convocatoria electoral y cuatro de ellos sin concurso público. En agosto pasado, algunos medios de alcance nacional se hicieron eco de las críticas de la oposición que denunciaban la presunta irregularidad.
http://ccaa.elpais.com/politica/2012/10/09/actualidad/1349811672_395981.html
ResponderEliminar