Pedimos ao goberno local de Sober que apoie a manifestación do sábado 16 de marzo de 2013 en defensa da Área Sanitaria de Monforte de Lemos.
Dende Anova manifestámonos en contra do decreto de xestión integrada e apoiamos á cidadanía en todas as mobilizacións que está a levar a cabo contra este.
A petición rexistrada en Sober foi a seguinte:
Sr. Alcalde-Presidente do
Concello de Sober
Sras. e Sres. integrantes do
Goberno Municipal de Sober
A creación do Hospital
Comarcal, hai 26 anos, e da Área Sanitaria de Monforte supuxo unha
mellora sustancial da atención sanitaria da comarca, beneficiándose
unas 60.000 persoas e 11 concellos, a maior parte deles cunha taxa de
envellecemento e de dispersión das máis altas do País.
Desde que a mediados do ano
2010 a Consellaria de Sanidade anunciase a elaboración do Decreto de
Xestión Integrada, a preocupación da cidadanía, organizacións
políticas e sindicais, profesionais e corporacións municipais foi
evidente, porque ese decreto vai supoñer unha merma na calidade dos
servizos sanitarios que agora desfrutamos, como xa se constatou no
Hospital do Barco (similar en características ao de Monforte) unha
vez integrado na área de Ourense.
A día de hoxe, o decreto vai
ver a luz nun prazo curto de tempo, a preocupación segue en aumento,
por iso nos diriximos aos membros do Goberno Municipal para que no
órgano que estimen máis oportuno - en Xunta de Goberno Local vémolo
máis axeitado, xa que o próximo pleno ordinario vaise celebrar, se
non hai un cambio de actitude no Goberno na Xunta, unha vez aprobado
o decreto - se tomen os seguintes acordos:
1.- Apoiar as iniciativas en
defensa do mantemento da Área Sanitaria de Monforte que se están a
levar a cabo por parte da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
de Monforte.
2.- Apoiar a manifestación
convocada para para o día 16 de marzo que se vai a celebrar en
Monforte reclamando a non desaparición de Monforte como Área de
Xestión Sanitaria.
Sen outro particular reciban un
saúdo.
En Sober, a 8 de marzo de 2013