Cando, supostamente, non hai fondos para gastos sociais nin para a promoción do deporte e a cultura galega, nin para a investigación e o ensino público, as distintas administracións gastaron cartos – non sabemos aínda exactamente cantos – para que a Vuelta pasara por Galiza.
Parécenos interesante que a xente
afecionada ao ciclismo poida desfrutar de ver aos ciclistas de perto,
pero a cuestión é que, en moitos casos, carecemos de
infraestruturas deportivas adecuadas, non hai fondos para o deporte
de base e deixouse morrer o proxecto de equipo ciclista profesional
galego.
Non tería sido mellor empregar eses
fondos do paso da “Vuelta” por Galiza en promoción real do
deporte galego e das súas seleccións?
En Sober, no pleno no que falamos sobre
o paso da “Vuelta” polo territorio do noso municipio – dende
onde sae unha das etapas – pedimos que se aproveitara o evento para
facer unha promoción turística seria da zona, mais nin sequera se
reuniu a comisión de Turismo. Sí destacamos como positivo as
actividades deportivas que se promocionaron con motivo da Vuelta, ese
debe ser o camiño o seguir: a promoción real do deporte.
Tempo haberá para valorar os distintos
aspectos do paso da Vuelta por Sober. Hoxe, 28 de agosto, será un
día para que as persoas amantes do deporte desfruten do ciclismo
profesional, mais tamén é día para non esquecer os recortes de
fondos públicos en servizos básicos, a falta de apoio ao deporte
por parte das distintas administracións, o desastre dos lumes en
Galiza, a situación de Siria, a desesperación de millerios de
familias que non poden chegar a fin de mes... E tampouco esquecemos
os deliberados esforzos de españolización do noso País.
A arrincadeira: unha sentenza desproporcionada
ResponderEliminarA Audiencia Nacional constitúe unha excepción ao principio constitucional do xuiz ordinario predeterminado pola Lei. O feito de que delictos cometidos en Galicia sexan xulgados por un Tribunal de excepción non casa cunha democracia de calidade. Máis cando nese Tribunal non foron quén de gardar as formas da imparcialidade e do respecto ao dereito de defensa.
As condutas imputadas aos catro membros de Resistencia Galega son moi graves, merecen reproche penal. Mais a sentenza é absurdamente desproporcionada. 18 anos de cárcere non é xustiza, é pura represión.
X.A. Pérez-Lema
galiciaconfidencial.
eu penso o mesmo.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, botou a casa pola fiestra durante a pasada edición de La Vuelta. E que só para os gastos de publicidade, mercadotenia, promoción e comidas destinou máis de 296.000 euros. E iso sen contar o custe da famosa batea desde a que saíu a carreira --que se fixo para a ocasión-- e o do patrocinio desta edición ciclista.
ResponderEliminarSegundo datos aos que tivo acceso Galicia Confidencial de fontes do organismo provincial, Louzán destinou 134.990 euros en publicidade nos medios de comunicación tanto galegos como estatais. Nalgúns casos, como no Faro de vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia ou Diario de Pontevedra chegou a insertar varios anuncios consecutivos con ata catro partidas diferentes. Noutros, como o grupo Marca, Atlántico Diario ou o Diario de Arousa foron tres as partidas destinadas.
Vergonha, vergonha!
Máis de 26.000 euros en comida
ResponderEliminarPero o que máis chama a atención dos gastos aos que tivo acceso GC son os de promoción e comidas. Así, hai facturas de 6.000 euros no hotel da Toxa e no Hotel Rotilio, entre a Praia de Silgar e o porto deportivo de Sanxenxo só en ceas. E tamén máis de 20.500 euros en catering con produtos do Deza.
Vergonha,vergonha!.
Resposta de Feijóo
EliminarEsta foi a pregunta formulada e a súa resposta:
GC.- Coñeceronse parte das facturas que a Deputación de Pontevedra pagou pola organizacion da Vuelta. Entre esas facturas había algúns gastos curiosos, de ceas en hoteis, da Toxa ou de Sanxenxo, por valor de 6.000 euros ou caterings de máis de 20.000 euros. Quería saber se aproba este tipo de gastos posto que sempre di que é un gran defensor da austeridade, e máis se se trata de cartos públicos?
Feijóo. Moitas grazas. Agradezolle ese recoñecemento. Sobre a Deputación de Pontevedra supoño que terá ocasión de preguntarlle ao presidente da Deputación de Pontevedra. Non teño moitos máis comentarios, coma se pode imaxinar. Nin coñezo as facturas, nin coñezo o concepto dos gastos, nin coñezo a formulación da súa pregunta...como é obvio. Polo tanto o presidente da Deputación de Pontevedra pode dar conta dos seus gastos. Si digo que me parece unha excelente idea e unha excelente actividade a que patroniou a Deputación de Pontevedra traendo por segunda vez consecutiva o inicio de La Vuelta a Galicia. Tanto a Deputación de Pontevedra, como a da Coruña e a Xunta de Galicia
galiciaconfidencial.