*
Intervención no debate organizado por Anova en Vigo o 1 de decembro
de 2013.
Debatemos
en Anova, no marco da nosa chamada a constituír unha expresión
electoral dunha fronte ampla para as eleccións europeas (maio de
2014), sobre o feminismo e a fronte ampla, e considerei comezar por
analizar a presenza feminina nos diversos encontros políticos que
tiveron lugar nestes meses de cara a viabilizar esa “fronte ampla” [a iso corresponden os esquemas das imaxes, nos que cada símbolo, feminino ou masculino, representa a unha persoa participante nas conversas].
O resultado foi a evidencia da minoritaria presenza feminina, algo
que non podemos aceptar como casualidade, nin como “natural”,
senon que é o síntoma dun feito estrutural que tamén vivimos no
seo das organizacións políticas pretendidamente da esquerda
transformadora: a dominación da muller, a subordinación feminina.
É
evidente a necesidade de máis feminismo dentro das organizacións de
esquerda; feminismo como un elemento central da emancipación humana
que (teoricamente) perseguimos. Temos o feminismo, de feito, en
Anova, como principio fundamental.
Mais,
analicemos a teoría e a praxe respondendo ás seguintes preguntas:
que achegar dende Anova ao movemento feminista? Como deconstruír o
patriarcado na nosa propia organización.
Sobre
o papel, a estrutura de Anova e as normas que nos dimos favorecen a
participación feminina, fundamental para acadar os nosos obxectivos
transformadores.
Entre
os nosos principios ético-políticos temos o feminismo e o
antipatriarcado, o igualitarismo e a loita contra toda caste de
dominación. Un dos principios organizativos é a proporcionalidade
de xénero nos distintos órganos (60-40% como mínimo). Ademais, na
pasada IAN aprobamos que “as asembleas locais deben comprometerse a
traballar para lograr un número paritario de mulleres e homes
militantes” e a CN foi elixida co principio de paridade ao 50%
entre xéneros.
Mais
as normas non bastan, cómpre traballar no cambio social da igualdade
home-muller, comezando nós por ter uns comportamentos distintos na
nosa organización.
Así,
asumimos COOPERACIÓN como principio ético-político, antitético de
competición, por ende, de dominación e propugnamos “a toma de
conciencia das situacións de discriminación de xénero e a
realización de accións encamiñadas a superalas”.
Para
iso, por unha parte, creamos o grupo de Acción Feminista e dotámonos
de liñas programáticas básicas que debemos desenvolver na acción
social e institucional:
-
igualdade home-muller no eido laboral.
-
medidas para a erradicación da violencia machista.
-
defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos (aborto libre e gratuíto
– dereitos LGTB).
En
fin, en teoría podemos, e debemos, aportar moito ao movemento
feminista: ideas, colaboración, non instrumentalización (de feito:
un exemplo é a maneira en que participamos na plataforma polo
dereito ao aborto), proxección das súas demandas nas institucións…
Na
praxe: conseguimos rematar co patriarcado na organización? É
evidente que non, porque é un obxectivo que non se logra en pouco
tempo, trátase dun proceso. Estamos no camiño pero persisten
comportamentos e feitos que evidencian que o patriarcado é un pouso
fondo na sociedade, tamén en nós:
-
asembleas locais sen ningunha muller militante.
-
menor participación activa das mulleres en asembleas e órganos de
coordinación.
-
incapacidade para resolver situacións con diálogo: moitas reunións
son “pelexas de galos”.
-
lareteo anónimo e destrución da imaxe pública de compañeiros e
compañeiras sen ter vontade de falar claro, con tranquilidade, con
todas as críticas que se poden e deben expor cara a cara.
-
non prestar atención á conciliación da vida cotiá coas cuestións
“orgánicas” e políticas.
En
fin: aínda baixa participación de mulleres e persistencia de
mecanismos de dominación. Non é unha cuestión nova. As “Mulleres
Libres”, agrupacións feministas anarquistas da España do 36-39,
atopaban este mesmo problema no seo de quen se dicían “libertarios”.
E,
en canto á “fronte ampla”, que temos que dicir as feministas de
Anova?
Son
necesarios os anteollos violeta nesta cuestións. Son
IMPRESCINDÍBEIS, como en todo. Como tamén é IMPRESCINDIBLE a
fronte ampla para acadar o cambio que propugna o feminismo. Mais que
nunca, faise duramente verdade a máxima de Rosa Luxemburgo: ou
socialismo ou barbarie. Por iso, precisamos unha FRONTE AMPLA, unha
unidade popular, un deseño colectivo de alternativas ao sistema,
participativo, da maioría social, non de elites ou grupúsculos
autorreferenciais.
Para
que?
-
deter a ofensiva da clase dominante contra a maioría social, deter o
aproveitamento da crise como coartada para destruír dereitos.
-
acumulación de forzas políticas e sociais para botar abaixo o
réxime podre da transición e encetar procesos constituíntes nas
nacións do estado co mínimo común de: dereito de
autodeterminación, programa alternativo á troika.
En
Europa, precisamos unha rebelión contra a mal chamada austeridade e
contra a débeda que nos esmaga aos pobos do sul. É vital a unión
das esquerdas das periferias europeas e vital construír un programa
mínimo común. A fronte ampla é programa común, propostas
alternativas á barbarie do poder. Non o temos aínda, cómpre
traballalo máis. Para iso: temos que poñernos por riba da cuestión
electoral e pensar nos nosos obxectivos estratéxicos. Audacia,
responsabilidade e xenerosidade. Esta acumulación de forzas (que é
un proceso, non é algo puntual) é vital para as mulleres: o
feminismo debe entender que precisa artellarse mellor a nivel
internacional.
En
canto a qué alianzas e pactos? A lectura feminista exclúe, a
priori, a quen non acepta como principio a non dominación e a loita
contra o patriarcado. Mais, afotunadamente, non se dá o caso
de forzas políticas e sociais que aposten pola fronte ampla que non
sexan feministas (outra cuesitón, é, como xa vimos, a praxe e o
alcance real dentro das organizacións, no que aínda nos queda
camiño).
A
proposta de Anova é non excluínte: quen recoñeza o dereito de
autodeterminación dos pobos e se recoñeza na esquerda e pola creba
democrática do réxime e contra as imposicións da troika.
E
ten dúas fases:
-
alianza en Galiza.
-
alianza cos outros pobos do Estado.
E
debe completarse – máis aló do plano electoral – cunha alianza
da esquerda europea, especialmente dos países da periferia. No noso
caso, aproveitemos as eleccións europeas para tecer lazos co
movemento feminista europeo.
Sabendo
que as eleccións ao Parlamento europeo non resolven os problemas da
UE, porque a arquitectura institucional e económica desta é
antidemocrática, podemos aproveitar as europeas para identificar e
visibilizar problemas das mulleres en Europa e tecer lazos co
movemento feminista de outros países: poñamos na axenda política
aquelo que afecta á metade da humanidade e do que sempre se fala en
segundo lugar.
-
terrorismo machista: principal causa de morte das mulleres mozas e
adultas.
-
feminización da pobreza (25% das mulleres da UE-28 en risco de
exclusión social).
-
macro-redes de tráfico de persoas, fundamentalmente mulleres, e
prostitución forzosa: cómpre un debate moi público sobre a
prostitución en Galiza.
-
desigualdade laboral home-muller: menor taxa de actividade feminina,
menor remuneración laboral, maior temporalidade (32% emprego parcial
fronte ao 9% nos homes).
>
Precaridade nas mesmas marcas que fomentan unha imaxe esterotipada da
muller e que se apropiaron do feminismo de xeito terxiversado,
“carnavalesco”, como explica Naomi Kelin en No Logo, onde tamén
se ve como esas grandes marcas explotan fundamentalmente a mulleres
en todo o mundo. Ese sistema é o que nos reservan aos estados do sul
de europa.
-
unha historiografía negadora. Como, se non, non temos a caza de
bruxas vivida en Europa coma un fito fundamental da historia do
continente? Máxime cando, como sinala Silvia Federicci, ten unha
correlación directa coa instauración do capitalismo e a división
social do traballo. Orixe do control do estado sobre o corpo da
muller: o control da reprodución da forza de traballo.
-
exclusión social de anciás e discapacitadas.
-
asunción dos coidados, cada vez máis, coa destrución do xa escaso
estado de benestar.
-
a desaparición das labregas, da cultura labrega fronte ás
multinacionais da alimentación.
-
transtornos alimenticios, a distorsión na visión do propio corpo.
-
retroceso xeral nos dereitos sexuais e reprodutivos.
En
fin, os anteollos violeta, tan necesarios, debemos telos sempre, en
todas as actuacións de Anova; tamén os anteollos verdes (tan
relacionado ecoloxismo e feminismo), na arela que nunca debemos
perder de vista: a transformación social, a superación deste
sistema depredador que nos deshumaniza e que as mulleres vivimos con
maior crudeza.
Feminismo,
ou barbarie.
Paula
Vázquez Verao, decembro de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario