Anova reclama que se constitúa no Concello de Sober un Consello Sectorial de Turismo na que estén presentes todos os axentes sociais e económicos implicados no sector turístico do municipio, incluíndo ás persoas portavoces de todas as forzas políticas, para deseñar en conxunto a estratexia turística do Concello para o ano 2014, con vontade de continuidade no tempo en vindeiras tempadas turísticas.
Trátase de implicar á cidadanía e a todo o sector no deseño da estratexia turística municipal.
Tamén se propoñen medidas concretas para mellorar a estratexia turística do Concello.
A petición rexistrouse vía moción para ser debatida, se é o caso, no pleno ordinario do xoves, 30 de xaneiro de 2014.
* Pódese consultar aquí.
Paréceme ben.
ResponderEliminarNos primeiros seis meses de 2013 marcharon da nosa comunidade autónoma 12.853 persoas, gran parte deles novos. 2.436 galegos de entre 25 e 39 anos marcharon a Europa mentres que 3.410 emigraron ao resto de España, segundo o Instituto Nacional de Estatística. Con estas cifras o futuro que lle espera Galicia, pinta moi negro. Un país envellecido e empobrecido, sen mozos que teñan descendencia nin paguen a Seguridade Social para manter as pensións dun número cada vez maior de persoas. Todo a iso sumado a unha estigmatización da xuventude, e coa carencia dun firme apoio polo emprego xuvenil, nin proposta de alternativas atraentes, produto dunha visión curtopracista, máis preocupada polas futuras eleccións que polo benestar futuro do país.
ResponderEliminarpraza.com