En febreiro de 2012, practicamente toda a asemblea local nacionalista de Sober constituíamos a Asemblea Nacionalista de Sober, onde ten cabida toda persoa nacionalista e de esquerda de Sober.
Unha parte da asemblea pasamos a afiliarnos a Anova, mais sempre seguiu funcionando unha asemblea aberta a todas as persoas, fosen de Anova ou non.
Nas eleccións autonómicas de 2012 apoiamos a coalición AGE, que obtivo bos resultados na comarca, activando a moita xente desencantada coas forzas políticas existentes. En Sober obtivo 146 votos.
Dende a concellalía de Paula Vázquez Verao, que pasou a ser non adscrita, comprometímonos a seguir defendendo o programa electoral que elaboráramos para as eleccións e a levar ao pleno os problemas da veciñanza de Sober, así como alternativas para mellorar a calidade de vida no noso concello.
Sempre tivemos unha actitude de colaboración entre a oposición ante problemáticas comúns, de loita contra as inxustizas e, tamén, de apoio cando as cousas se fan ben. Ademais, levamos adiante iniciativas que asumiu toda a corporación.

Nestes dous anos, a situación social empeorou en toda Europa, tendo cada vez as persoas menor poder adquisitivo e menor calidade nos servizos públicos.
Se nos unimos na defensa dunha vida digna, poderemos acadar o soño de poder vivir e traballar en Sober. Ese foi sempre o noso obxectivo.

Na ligazón (aquí) pódense consultar todas as nosas inciciativas e traballo no pleno (son 34 entradas neste blogue), onde defendemos: máis emprego para Sober, información á veciñanza sobre temas municipais, iniciativas para mellorar o turismo, conservación e sinalización de patrimonio, solidariedade, melloras concretas e arranxos nas parroquias, defensa dos servizos públicos...
Los sobresueldos de ‘los que sabían’: Cascos (un millón de euros); Arenas (1,4); Rajoy (2 millones); Acebes (1,1 millones) y Cospedal (medio millón)
ResponderEliminarBárcenas apuntó y disparó contra los cinco 'capos'..., no sólo dijo que ellos controlaban 'la llave de la caja B', sino que el dinero en negro estaba generalizado y se usaba para todo: incluidos los 'pagos extra'
F. MEDINA | 14/04/2014
elplural.com