Sober participa na Coordinadora Nacional de Asembleas Nacionalistas.
A Asemblea Nacionalista de Sober
participou hoxe, 16 de xuño, a través de Carmen Luz Rodríguez e Paula
Vázquez Verao, na Coordinadora Nacional de Asembleas Nacionalistas,
celebrada en Teo.
Nesta xuntanza, ademais de constituír formalmente dita
coordinadora, coa presenza de representación de medio cento de
asembleas, acordamos celebrar a Asemblea Nacional Constituínte do novo
movemento político o 14 de xullo en
Compostela.
Ademais, creáronse dúas comisións, unha organizadora e outra
para redactar unha proposta de textos, que están abertas á
participación de xente.
Fíxose tamén un chamado á participación da
cidadanía neste proceso.
Moi bo ambiente e moita ilusión!
A foto é
"roubada" de Martiño Noriega, da asemblea anfitriona de Teo ;-)
Galiza, 16 de xuño de 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario