Auto-convocatoria de xuntanza
aberta da Asemblea Nacionalista de Sober para o xoves, 15 de xuño de 2012, ás 20:00 horas en Sober, en lugar por decidir en función da xente que sexamos [anótate en nacionalistasober@gmail.com ou aparece diante do Concello de Sober o venres 15 ás 19:45 horas].
1 - Proposta de coordinación
nacional de asembleas para a creación dunha nova forza política nacionalista e
de esquerda.
Elección representantes da Asemblea de Sober para enviar a este proceso de coordinación.
A proposta de coordinación de asembleas é a seguinte, saída
dunha xuntanza de representantes de asembleas de toda Galiza celebrada o día 2
de xuño en Teo (proceso ao que acordáramos enviar representantes).
POÑENDO OS ALICERCES
As persoas que en representación
das asembleas locais ou comarcais, constituídas ou en fase de constitución, por
un Novo Proxecto Común, integradas por persoas a título individual e que
acollen unha pluralidade de visións da nación dos galegos/as reunidas o 2 de
xuño en réxime de autoconvocatoria
MANIFESTAMOS
1º. - A nosa vontade de traballar
pola creación dunha nova organización de carácter asembleario, aberto e plural,
de integración individual e organización territorial e en rede, con vocación de
continuidade na acción social, de carácter nacionalista, expresión política do
galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas
expresións da mesma.
2º. - A nosa vontade de
establecer unha coordinación entre as distintas asembleas comarcais ou locais a
fin de preparar unha reunión asemblearia de carácter nacional.
3º. - A nosa vontade de
participar en futuras convocatorias electorais.
Teo 2 de xuño de 2012
2 - Debate sobre propostas
políticas e organizativas para a nova organización de esquerdas e
nacionalista. Aportacións da Asemblea Nacionalista de Sober.
3 - Traballo político local.
- moción pola supresión da exención do IBI á Igrexa.
- moción e campaña sobre "todo o que nos cae enriba".
- asuntos varios das parroquias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario