Aprobouse a Ordenanza que regula o prezo público da Escola Municipal de Música, que sufre unha lixeira subida, pero que apoiamos, porque segue a ser un prezo moi baixo en relación á calidade da ensinanza. A matrícula anual para alumando de música e movemento e iniciación ao instrumento será de 100 € e a de alumnado de linguaxe musical e instrumento de 140 €. O que pedimos é que se poida facer o pago fraccionado para que as familias o poidan afrontar mellor, algo que se aceptou.
Presentamos unha moción para a supresión da exención do IBI á Igrexa católica, que unimos á presentada polo PSOE neste sentido, que foi aprobada polos catro concelleiros e concelleiras da oposición e rexeitada polo PP. O alcalde comprometeuse a que na revisión que se está a facer do IBI en Sober se faga un censo dos bens da Igrexa e se comunique á oposición.
Pedimos ao alcalde que renuncie á paga extra de Nadal este ano 2012, en solidariedade cos recurtes que o seu partido, o PP, está a aplicar ao funcionariado. O alcalde aceptou, xesto que agradecemos.
Somos contrarias á baixada de salarios de empregadas
públicas para “saír da crise”, esa non é a solución, porque só traerá
retraemento do consumo e máis caída da economía nun sistema baseado no consumo,
coa ruína de pequenos comercios e pequenas empresas, engrosando a lista de paro
e, por ende, aumentando a necesidade de gasto público en prestacións
(prestacións cada vez máis reducidas, co cal haberá máis pobreza, recurso a
comedores sociais e violencia…).
Sendo contrarias a estas medidas de rebaixa de salarios,
entendemos que o partido que propón este sacrificio á clase traballadora
pública (o sector público, os servizos públicos, son esenciais para a redistribución
da riqueza; non sobran funcionarios, faltan, e falta eficiencia na xestión
pública; búscase a ineficiencia para beneficiar ás empresas privadas que fan
negociazos coa saúde ou a educación) debe dar exemplo e recurtar os seus
salarios nas institucións, comezando por renunciar á paga extra de Nadal, o
mesmo sacrificio que lles obrigan a facer ao funcionariado, sen que iso vaia
axudar a saír da crise.
Aquí estamos en plan distendido, levámonos ben, non hai
apenas conflicto social porque a maioría da xente vive das pensións e ten o
colchón da economía de autoabastecemento do rural, pero démonos conta de que
hai unha guerra aberta de clases que non fixo máis ca comezar. O PP no Goberno
do Estado acometeu medidas durísimas contra as clases traballadoras, que xa
foron contestadas con manifestacións e ataques contra as sedes do PP,
totalmente entendibles e insignificantes comparados coa violencia que aplica o
estado sobre as persoas máis débiles. Aquí non o vemos aínda, pero en canto se
aplique a suba do IVE e se interveña o estado imos asistir a unha guerra aberta
nas rúas e convén saber en que bando se está.
Tamén pedimos que se coloque un sinal de estreitamento de vía no cruce da panadería de Sober e que se revitalice a Comisión de Turismo, creada a petición do nacionalismo na pasada lexislatura, para facer fronte á campaña do ano que vén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario