Anova valora como un grande acerto a decisión de ter feito un
chamado a todas as forza nacionalistas e de esquerda para a conformación
da unidade de acción para o Parlamento Galego, e que deu como resultado
unha coalición con EU, Equo e Espazo Ecosocialista, e un Grupo
Parlamentar comprometido, como di o seu programa, na "Liberación nacional e
social de Galiza", en "avanzar no exercicio da autodeterminación ...
reivindicando a nación dos galegos e galegas como suxeito único da
soberanía nacional", que defenderá os intereses da maioría social e
servirá de altofalante ás voces da rúa na cámara galega.
Reunida hoxe en Santiago de Compostela a Coordinadora Nacional de
ANOVA para avaliar o proceso electoral e os resultados das Eleccións
Autonómicas do 21 de Outubro, acordou facer público o que segue:
1. Agradecer á cidadanía galega o seu apoio masivo, a ilusión e a
confianza depositada na coalición Alternativa Galega de Esquerda, que se
configura así como oposición xenuína ao desgoberno do PP.
2. Felicitar publicamente a Xosé Manuel Beiras polo seu magnífico
labor de campaña desenvolvido e por saber representar e concitar co seu
discurso os anceios de rebeldía dunha parte moi importante da cidadanía.
3. Facer mención expresa do labor realizado pola militancia de ANOVA e
do conxunto de simpatizantes que colaboraron voluntariamente en levar a
bo porto esta campaña, salientado a magnífica actividade dos mesmos nas
redes sociais.
4. Valorar como excelentes o resultado electoral da nosa coalición
malia que o descenso de máis de 500.000 votos das tres forzas presentes
até agora no Parlamento Galego deu a maioría ao PP aparentando en
escanos un avanzo que non tivo na sociedade.
5. Valorar como un grande acerto a decisión de ter feito un chamado a
todas as forza nacionalistas e de esquerda para a conformación da
unidade de acción para o Parlamento Galego, e que deu como resultado
unha coalición con EU, Equo e Espazo Ecosocialista, e un Grupo
Parlamentar comprometido como di o seu programa na "Liberación nacional e
social de Galiza", en "avanzar no exercicio da autodeterminación ...
reivindicando a nación dos galegos e galegas como suxeito único da
soberanía nacional", que defenderá os intereses da maioría social e
servirá de altofalante ás voces da rúa na cámara galega.
Noutra orde de cousas, acordouse tamén a posta en marcha do traballo
de consolidación e organización de ANOVA acordado na súa asemblea
constituínte do 14 de xullo, e adiado pola convocatoria electoral, que
deberá estar rematado no mes de xaneiro e como estaba previsto
desembocará nunha Asemblea Nacional da nova organización nacionalista de
esquerda.
A Coordinadora Nacional acordou tamén neste encontro apoiar a folga xeral do vindeiro 14 de novembro.
Por último, ANOVA quere felicitar e solidarizarse co Fiscal Xeral de
Galiza, o señor Varela, polas súas declaracións nas que criticou os
recortes sociais e denunciou a blindaxe dos mercados e a actitude dos
gobernos que priorizan o "mundo dos negocios" fronte as persoas.
Galiza a 27 de outubro de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario