“O
Día de Galicia son todos”, Lesta Meis.
“A
festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos”, Castelao.
Galiza
vive momentos de excepción, coa perda de conexións ferroviarias, a
privatización da Sanidade pública, o deterioro do ensino no rural,
a caída do sector naval, a ruína do sector leiteiro, a extinción
das caixas de aforro e a estafa das preferentes... Familias enteiras
malvivindo no paro ou dependendo de pensións ridículas ou salarios
de miseria mentres sobe o prezo dos produtos básicos, cuns impostos
que cargan sobre quen menos ten mentres os defraudadores – ata na
propia Familia Real - campan ás súas anchas. Cun goberno que
recorta no básico para pagar a débeda ilexítima contraida cos
“mercados”.
A
nosa comarca de Lemos esmorece sen oportunidades de emprego para a
xente moza, sendo este un territorio fértil para os cultivos e
fermoso para vivir e visitar.
A
única saída é ou a emigración - e eses camiños son transitados
por milleiros de xentes mozas – ou que tomemos conciencia da forza
do pobo para transformar as cousas.
Dende
Anova, seguimos crendo que o chamado de frente ampla que lanzamos o
ano pasado polo 25 de xullo segue máis vixente ca nunca; unha fronte
ampla contra a barbarie do poder, unha unidade de acción das forzas
sociais e políticas, da cidadanía revoltada, contra todo o que nos
esmaga, o que non é apenas un reto electoral, senón que se fai día
a día entre as xentes “boas e xenerosas”, entre o 90% da
sociedade esmagada.
É
por iso que dende Anova de Lemos facemos un chamamento á cidadanía
que sinta que Galiza ten dereito a decidir o seu futuro nun mundo
xusto de pobos libres, a quen sinta que temos dereito a ser felices
na nosa Terra, a unha celebración do Día da Patria no
que o protagonista sexa o pobo, un pobo
consciente de ser nación, e non apenas
as expresións políticas do nacionalismo.
Dende
Anova de Lemos, queremos contribuír a este obxectivo comezando a
organizar para o domingo, 21 de xullo, unha festa
do Día da Patria en Monforte de Lemos, aberta a quen desexe
participar e colaborar na súa organización. Unha festa onde a
protagonista sexa a cultura, os conflictos sociais abertos en Galiza,
a música... en definitiva: o pobo soberano.
Unha
das actividades será un xantar popular, para o cal hai que anotarse
antes do 19 de xullo.
Tanto
para colaborar na organización da festa como para anotarse ao
xantar, cómpre enviar un correo a asembleadelemos@gmail.com
ou chamar aos teléfonos 647576723 // 674473695
Saúde
e Terra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario