No pleno, aprobáronse cos votos do PP e a abstención da oposición modificacións de créditos.
- Estaba prevista unha partida para facer unha revisión xeral do Catastro, pero como xa a vai facer o Estado, os cartos desta destinaranse basicamente a gastos de alumeado e punto limpo.
- Hai unha baixa voluntaria de persoal de limpeza e subcontratouse a unha empresa de limpeza para que se encargue do Centro Médico e do Colexo nos últimos meses de 2014. En 2015 sacarase a concurso.
- Os ingresos a maiores previstos en Servizos Sociais destinaranse a reducir a débeda, concretamente a amortizar un crédito con Abanca.
- MOCIÓNS
* A moción conxunta da oposición a prol dun debate no vindeiro pleno sobre a situación do Hotel Pazo de Sober ao que se convide ás partes implicadas foi aprobada por unanimidade. Ver a moción aquí.
* A moción de Paula Vázquez Verao pedindo melloras na sinalización de igrexas románicas e petróglifos foi aprobada por unanimidade. Ver a moción aquí.
* A moción do BNG para solicitar da Deputación melloras específicas nos puntos da estrada Sober-Doade con concentración de accidentes foi aprobada por unanimidade.
- ROGOS
* Paula Vázquez Verao solicitou melloras na fonte e laga do Amendo en Barantes. Ver aquí.
Con respecto a fonte e laga do Amendo había que ver a posibilidade legal de esixir que se cortaran os chopos que se plantaron xusto a carón dela.
ResponderEliminarXa o falamos, a ver que se pode facer.
ResponderEliminar